Monday 29 de April de 2024

Touro pon en marcha ‘Xullo lúdico’, un programa educativo de lecer para os máis novos que concilia vida laboral e familiar


O Concello de Touro, como xa é tradicional nestas datas, pon en marcha o programa educativo ‘Xullo lúdico’, que ofrece actividades de lecer para os máis pequenos (idades entre os tres e os trece anos) para que nais e pais residentes no concello poidan conciliar a vida laboral e familiar durante as vacacións de verán. ‘Xullo lúdico’ comenza mañán venres, 1 de xullo, e rematará o 14 de agosto.
A programación inclúe unha serie de actividades que, entre outras, figura un obradoiro de internet-infomática, outro obradoiro de animación á lectura e outro de xogos predeportivos e cooperativos. Tamén haberá actividades acuáticas na piscina e multideporte e un obradoiro de reciclaxe e medio ambiente.
O proxecto lúdico-educativo, que comenza mañán, 1 de xullo, rematará o 14 de agosto. Ten como obxectivo servir de alternativa de lecer e tempo libre dunha forma enriquecedora para os habitantes máis pequenos do Concello de Touro. As actividades, que se desenvolverán no Pavillón Municipal de Deportes de Fonte Díaz e na biblioteca pública, terán lugar de luns a venres de 10.00 a 13.30 horas.
O Departamento de Servizos Sociais do Concello de Touro destaca que ‘Xullo lúdico’, financiado pola Deputación da Coruña, pretende facer compatibles os eidos do lecer e da educación de nenos e nenas. O programa tamén axuda a conciliar vida laboral e familiar.